Buscar  
Portada 
Hemeroteca 
Opinión 
Información e Participación Cidadá 
Urbanismo 
Infraestruturas 
Mobilidade, Tráfico e Seguridade 
Medio Natural 
Cultura e Patrimonio Histórico 
Educación 
Normalización Lingüística 
Servizos Sociais e Benestar Social 
Sanidade 
Muller 
Mocidade 
Turismo, Comercio e Emprego 
Facenda e Persoal 
Deporte 
Barrios e Parroquias 
Varios 
Deporte
12/03/2010
Xabier Alonso felicita á atleta Soledad Castro, campiona do mundo de medio maratón en pista cuberta para veteranos
 

Vigo, 12 de marzo de 2010.- O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este venres os seus parabéns á atleta Soledad Castro, que vén de proclamarse campiona de medio maratón no Campionato do Mundo de pista cuberta para veteranos que se celebrou a semana pasada en Canadá. Na recepcion celebrada na Concellería de Deportes, o nacionalista agasallouna cun exemplar da obra “Vigo cidade das ondas”, con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente.

“Esta atleta é unha máquina, que gaña a forza de moito traballo e esforzo”, dixo Xabier Alonso. Por outra banda, animou Soledad Castro a participar na segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares, que comeza o vindeiro 21 de marzo. Na conversa, o concelleiro de Deportes comentoulle tamén as probas que integran o programa e os puntos que se consiguen coas respectivas clasificacións.

 
 
Opina sobre a nova
  Nome
 
  Email
 
  Título
 
  Opinión